Grupos promotores interesados en impulsar proxectos cooperativos de iniciativa social citáronse en Vigo

Grupos promotores interesados en impulsar proxectos cooperativos de iniciativa social citáronse en Vigo no obradoiro da rede eusumo A fórmula cooperativa nos servizos sociais

A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

No plan de actuación 2015 da Rede Eusumo integrouse o obradoiro “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”. Neste obradoiro, que tivo lugar o pasado 28 de xullo na Cámara de Comercio de Vigo, entidade socia da Rede Eusumo,  participaron varios grupos promotores interesados en impulsar proxectos cooperativos de iniciativa social. A través deste obradoiro perseguíronse os seguintes obxectivos:

  • Coñecer o marco dos servizos sociais en Galicia.
  • Achegar o modelo cooperativo a persoas que pretenden emprender no sector de  servizos sociais.
  • Dar a coñecer referentes cooperativos neste sector.
  • Mostrar os recursos e apoios existentes para impulsar proxectos cooperativos no sector servizos sociais.

O ciclo de obradoiro da Rede Eusumo para dar a coñecer a fórmula cooperativa nos servizos sociais continuará mañana en Pontevedra en colaboración con APROA.

Para máis información:

Martes, 28 July, 2015 - 13:00

Compartir