Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza o seguinte actividade formativa do programa "Muller a cooperativa é para ti":

HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O TRABALLO EN EQUIPO NAS COOPERATIVAS
 

Datas: do 20 ao 23 de setembro

Modalidade: presencial

Lugar: no Salón de Plenos do Concello de Sada, Avenida do Porto 24, Sada (A Coruña)

Horario: de 9:30 a14:30 horas

Duración: 20 horas

Destinatarios: Mulleres interesadas no emprendemento cooperativo, tanto desempregadas como emprendedoras ou en activo.

Obxectivos:

-  Achegar o modelo cooperativo ás mulleres, e en especial ás mulleres desempregadas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
- Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das mulleres participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Achegar ás participantes os recursos e medidas de apoio existentes que favorecen o emprendemento feminino.
- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo

Programa formativo:

  • Módulo 1 - A comunicación
  • Módulo 2 - O traballo en equipo
  • Módulo 3 - A toma de decisións
  • Módulo 4 - O liderado nas cooperativas.

Inscricións:

- Gratuíta
- A través desta ligazón.
- Máis información: aedl@sada.gal / 620 765 150

Podes acceder ao cartel premendo aquí.

 

Luns, 20 September, 2021 - 09:30 to Xoves, 23 September, 2021 - 14:30

Compartir