Hackathon de Economía Social

Aje Pontevedra organiza a actividade “Hackathon de Economía Social” no marco da Rede Eusumo.

Trátase dun espazo onde a persoas participantes traballarán conxuntamente para identificar solucións a retos presentados e obterán unha serie de ferramentas, recursos e habiliades para desenvolver as súas ideas de negocio e emprender a través de entidades de economía social.

A actividade levarase a cabo o 21 de outubro de 2022 en modalidade presencial no novo edificio da Xunta de Galicia (Pontevedra). O horario será de 11:00 h a 13:45 h e de 16:00 h a 19:30 h.

Esta formación está dirixida a persoas emprendedoras, persoas desempregadas, estudantes e persoas en risco de exclusión que busquen aprender, compartir e aportar ideas para impulsar proxectos en materia de economía social.

O límite de prazas é de 25 persoas, polo que se estás interesad@, non dubides en apuntarte a través deste formulario.

Consulta o programa completo desta actividade. 

Tamén podes acceder ao cartel completo e a páxina web do proxecto http://economiasocial.ajepontevedra.es/

Se precisas máis información, contacta a través de economiasocialajepontevedra@gmail.com / 687 33 37 09. 

 

Venres, 21 October, 2022 - 11:00 to 19:30

Compartir