ICoopera: Formación en xestión da I+D+i

FORMACIÓN GRATUITA EN XESTIÓN DA I+D+i
INSCRÍBETE!!
PRAZAS LIMITADAS

O equipo do proxecto, programou catro accións formativas GRATUITAS específicas en materia de I+D+i, de carácter mixto (virtual + presencial).

Con estas accións, se pretende proporcionar aos xestores, directivos e profesionais das organizacións cooperativas, un conxunto de coñecementos, ferramentas e pautas metodolóxicas que lles permitan deseñar a estratexia de innovación das súas empresas e levar a cabo a xestión da I+D+i nas súas respectivas organizacións..

Os participantes recibirán un diploma xustificativo da formación cursada. Aqueles alumnos que completen os catro cursos propostos (80h Teleformación + 20h Presencial), obterán ademáis un recoñecemento do equipo formador, como XESTOR DE INNOVACIÓN.

A proposta formativa é a seguinte:

Curso: “Vixilancia Estratéxica”

  •     Coñecer as claves para a implantación dun sistema de vixilancia tecnolóxica nunha Organización.
  •     Aplicación de ferramentas para a implantación da vixilancia tecnolóxica.

Curso: “Creatividade no deseño de novos productos e servizos”

  •     Optimizar o potencial creativo enfocado á innovación de profesionais e equipos.
  •     Adquirir os coñecementos base sobre a utilización dalgunhas das técnicas de creatividade aplicables á xeración de ideas de valor.

Curso: “Xestión de proxectos de I+D+i”
Data Inicio: Setembro 2015

  •     Fomentar entre os asistentes as boas prácticas e dinámicas necesarias para a correcta xestión dun proxecto de I+D+i.
  •     Transmitir os coñecementos necesarios para a planificación e documentación adecuada dos seus proxectos.

Curso: “Estratexias de innovación e comercialización de resultados”
Data Inicio: Novembro 2015

  •     Coñecer as estratexias de innovación ás que se pode enfrontar unha organización e os pasos principais para transformar unha idea nun produto de éxito no mercado.
  •     Asegurar as posibilidades de posta en valor dos resultados da innovación cara a súa transferencia ao mercado.

No documento axunto, pode consultarse o detalle dos contidos formativos propostos.

INSCRIPCIÓN
Se desexa participar en todas o nalgunha destas ACTIVIDADES FORMATIVAS GRATUITAS, pode facelo a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN.

RECORDAMOS QUE AS PRAZAS PARA PARTICIPAR NESTA INICIATIVA ESTÁN LIMITADAS

Máis información:

Teléfono de contacto: 981 552 059
correo electrónico: info@innovacioncooperativas.coop
www.innovacioncooperativas.coop

 

Venres, 9 October, 2015 - 18:15

Compartir