ICoopera: Formacion en dinamizador TIC a cooperativistas

FORMACIÓN GRATUITA EN DINAMIZADOR TIC
INSCRÍBETE!!
PRAZAS LIMITADAS

O equipo do proxecto, programou catro accións formativas GRATUITAS específicas en materia de TIC, de carácter mixto (virtual + presencial) coas que se pretende proporcionar aos xestores, directivos e profesionais das organizacións cooperativas un conxunto de coñecementos, ferramentas e pautas metodolóxicas para a incorporación das tecnoloxías da información e as comunicacións nas súas respectivas organizacións.

Os participantes recibirán un diploma xustificativo da formación cursada. Aqueles alumnos que completen os catro cursos propostos (80h Teleformación + 20h Presencial), obterán ademáis un recoñecemento do equipo formador, como DINAMIZADOR TIC.

A proposta formativa é a seguinte:

Curso: “Presenza en Internet e uso básico das TICs”

  •     Presentar o proceso xeral para adquirir a presencia na Internet.
  •     Pautas para a xeración de contidos de interese, a imaxe corporativa, necesidades de comunicación e mensaxe a proxectar cara ao exterior.
  •     Coñecer as ferramentas básicas para o aproveitamento eficiente de internet na organización.

Curso: “Marketing dixital e Redes Sociais”

  •     Integrar internet nos plans de comunicación da organización para comunicar con éxito os seus produtos ou servizos.
  •     Coñecer a técnicas principais para xestionar eficazmente as relacións e a presenza nas principais redes sociais.
  •     Visibilidade en internet e promoción on-line.

Curso: “Comercio Electrónico”
Data Inicio: Outubro 2015

  •     Coñecementos e ferramentas xerais para a adopción do comercio electrónico dentro da organización.
  •     Identificación e posta en marcha dos elementos básicos na estrutura e funcionamento dun servizo de comercio electrónico.
  •     Xeración de contidos e catálogo de produtos.

Curso: “Ferramentas TICs para a xestión avanzada dunha cooperativa”
Data Inicio: Novembro 2015

  •     Coñecer as principais ferramentas TICs de software libre para apoiar a xestión e funcionamento das cooperativas.

No documento axunto, pode consultarse o detalle dos contidos formativos propostos.

INSCRIPCIÓN
Se desexa participar en todas o nalgunha destas ACTIVIDADES FORMATIVAS GRATUITAS, pode facelo a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN.

RECORDAMOS QUE AS PRAZAS PARA PARTICIPAR NESTA INICIATIVA ESTÁN LIMITADAS

Máis información en:

Teléfono de contacto: 981 552 059
correo electrónico: info@innovacioncooperativas.coop
www.innovacioncooperativas.coop

Venres, 9 October, 2015 - 17:45

Compartir