II edición do curso: "A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais"
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a seguinte actividade no marco da Rede Eusumo:
A ECONOMÍA SOCIAL E A MODERNIZACIÓN DO SECTOR AGROALIMENTARIO: CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE E MEDIOAMBIENTAIS
Datas: do 1 de marzo ao 9 de abril de 2021
Modalidade: en liña
Duración: 70 h
Obxectivos:
- Desenvolver un curso sobre a modernización do sector primario, desde a concepción cooperativa e de certificacións medioambientais e de calidade.
- Dar a coñecer o modelo cooperativo e das empresas de economía social e as súas características básicas e diferenciadoras.
- Amosar desde a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión das certificacións medioambientais e de calidade.
- Contribuír a que se coñeza e valoren as cooperativas e as empresas de economía social e as súas achegas sociais e económicas.
- Contribuír ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través de estratexias que redundan na calidade.
Programa: consta de 3 unidades diácticas:
- COOPERATIVISMO NO SECTOR PRIMARIO
Módulo 1: As cooperativas
Módulo 2: Marco legal do cooperativismo
- CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE
Módulo 3: ISO 9901
Módulo 4: Certificacións en vacún de leite
Módulo 5: Global gap
Módulo 6: BRC/IFS
Módulo 7: ISO 22000
- CERTIFICACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS
Módulo 8: ISO 14000 (14063, 14067...)
Módulo 9: Análise do ciclo de vida
Módulo 10: Pegada de carbono
Módulo 11: Pegada hídrica
Inscricións:
- Gratuíta
- Accede ao formulario de inscrición
- Para máis información: 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop
Se queres visulizalo cartel preme aquí.
Luns, 1 March, 2021 - 10:00 to Venres, 9 April, 2021 - 10:00