Incrementase o financiamento do programa Aprol economía social 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de facer publica a ampliación da dotación orzamentaria das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economíasocial).

 Incremento do financiamento do programa APROL-ECONOMIASOCIAL

O importe incrementarase en 1.249.048,64 euros destinado á concesión das axudas ao abeiro dos programas I e II da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 26 de decembro de 2017.

O obxectivo desta orde é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Información a ter en conta:

  • Esta modificación non afecta os prazos establecidos para a presentación de solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes finalizou o 1 de outubro de 2018.

  • A data máxima de presentación da solicitude de pagamento e xustificación das accións subvencionables será a que se sinale na resolución de concesión e, como máximo, o 17 de decembro de 2018.

Para consultar a orde do 26 de novembro, na que se especifican as bases sa orde de finaciamento prema aquí.

Para consultar a orde completa, prema aquí.

Descarga o resumo completo da orde aquí.

Descarga o folleto aquí.

Para ver a información completa e os modelos de documentos prema aquí.

E se che queda algunha súbida, podes consultar a nosa listaxe de preguntas frecuentes aquí.

Martes, 27 November, 2018 - 14:00

Compartir