Informe de resultados 2015 da Rede Eusumo

  • A Rede Eusumo conta xa con 74 entidades asociadas no que é o seu cuarto ano de funcionamento.
  • No marco da Rede Eusumo constituíronse 114 empresas de economía social, 39 delas creadas no ano 2015.
  • A través da Rede Eusumo obtiveron titorización e asesoramento personalizado en materia de cooperativismo e economía social máis de 572 grupos promotores (149 grupos no 2015), o que supón un total de máis de 2189 persoas implicadas (518 persoas titorizadas no ano 2015).
  • A rede celebrou un total de 201 actividades de divulgación e sensibilización para o fomento cooperativo e da economía social en 2015, a través de obradoiros, seminarios e xornadas, cunha asistencia de 3.241 persoas.
  • Actualmente, a Rede Eusumo conta con máis de 5000 seguidores nas redes sociais e está presente nas principais plataformas.

Descarga o informe de resultados da Rede Eusumo 2015

Descarga a nota de prensa cos resultados da Rede Eusumo 2015

 

 

Mércores, 6 April, 2016 - 22:45

Compartir