INTEGRACIÓN E COLABORACIÓN CON COOPERATIVAS. AXUDA A ECONOMÍA FAMILIAR

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés organiza a seguinte actividade formativa:

Integración e colaboración con cooperativas. Axuda a economía familiar    

DATA E HORARIO: 21 de setembro de 16:00 a 21:00 horas

LUGAR: Edificio Multiusos – Praza das Universidades s/n 15800 MELIDE - A CORUÑA

 

OBXECTIVO:

Nesta xornada trátase de difundir a colaboración coas cooperativas como un complemento da economía familiar a través da integración en cooperativas xa existentes e consolidadas no territorio da Mancomunidade

 

PROGRAMA:

16:00 a 17:00 horas- Presentación da Rede Eusumo e da Economía Social. Breve reseña das entidades que integran a Economía Social.

17:00 a 18:15 horas- ¿Ser socio dunha cooperativa ou colaborar coas cooperativas como complemento da economía familiar?.

18:15 a 18:30 horas- Pausa.

18:30 a 20:30 horas- Dúas grandes cooperativas no territorio da Mancomunidade: ICOS SOCIEDADAE COOPERATIVA GALEGA, AGRIS SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA. Distintas formas de colaborar con estas cooperativas.

20:30 a 21:00 horas- Ronda de preguntas e peche da xornada.

 

Consulte aquí o cartel da xornada.

 

INSCRICIÓN:

Gratuita

982545070 (Ext 6)/ 606306254

mancomunidade.frances@gmail.com

 

Venres, 21 September, 2018 - 16:15

Compartir