Interesante xornada sobre cooperativismo en Santa Comba

O multiusos de Santa Comba acolleu este venres unha xornada de cooperativismo organizada polos alumnos de un curso de creación de microempresas co apoio do concello de Santa Comba. Os xoves dirixidos polo mestre Francisco Bóveda e coa axuda de traballadores municipais, organizaron un estupendo evento, coidando tódolos detalles, o que lles valeu a felicitación das autoridades presentes: a Subdirectora Xeral de Economía Social da Xunta, Alba Paz, e a alcaldesa xalleira, María Pose.

Foi precisamente a alcaldesa de Santa Comba a que inaugurou a xornada. Na súa intervención defendeu a necesidade de que as administracións se volquen coa formación "porque é unha porta aberta ó futuro". María Pose destacou a ampla oferta formativa que se desarroia no concello de Santa Comba e ofreceu seu respaldo a actividades como a que se levou a cabo: "estas xornadas son importantes para que e que aprendemos se poda traducir en iniciativas e oportunidades laborais e de emprendemento" sinalou Pose Rodríguez.

A primeira ponencia correu a cargo da Subdirectora Xeral de Economçia Social: Dña. Alba Paz Boubeta que explicou as liñas de axuda da administración autonómica no campo do emprendemento, así como a aposta que se está facendo a Rede Eusumo como instrumento de apoio os proxectos empresariais enmarcados dentro da economía social.

Ao longo da xornada interviñeron uns alumnos da EFA Fonteboa que falaron do proxecto "Sabor emprendedor", houbo unha demostración do colectivo de cultura urbana Vella Escola e unha mesa redonda sobre cooperativismo na que participou Pablo Castiñeira, de Vella Escola, Xan Ramos (Ganxabar), Juan Gómez (Red Eusumo), Antonio Gago (Banco Santander) e Pilar Casals (In the Move).

O próximo 25 de novembro,  terá lugar a II Xornada de emprendemento e innovación no mismo Concello de Santa Comba.

Luns, 31 October, 2016 - 17:00

Compartir