IV edición dos Premios PEL

A Deputación da Coruña ven de publicar as bases e a convocatoria da cuarta edición do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial (PEL-EPR PREMIO), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) co que se pretende recoñecer e promocionar o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, concellos e asociacións empresariais da provincia da Coruña, así como contribuír ao crecemento e desenvolvemento das mesmas. Se  concederán un total de cinco galardóns por un importe total de 75.000 euros outorgándose 15.000 euros a cada unha das seguintes categorías:

    1ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial nova. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial ininterrompida nas anualidades 2019 ou 2020 e sempre con anterioridade á publicación da convocatoria no BOP.

    2ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que comezasen a súa actividade empresarial ininterrompida durante a anualidade 2015 ou con anterioridade.

    3ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19. Para pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as e concellos que a través da súa actividade innovadora axudasen a frear a expansión da COVID-19, investigaran unha posible cura e/ou contribuísen dalgún xeito a     paliar os danos, efectivos e colaterais, ocasionados pola pandemia.

    4ª CATEGORÍA: Premio ao concello promotor do emprego de calidade. Para concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que impulsen a iniciativa empresarial e o emprendemento, promovan a xeración de emprego de calidade e contribúan a evitar o despoboamento do rural.

    5ª CATEGORÍA: Premio á mellor asociación empresarial. Para asociacións, agrupacións e federacións de empresarios/as da provincia da Coruña.

A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación, a través da plataforma Subtel (código da convocatoria PEL-EPR PREMIO 2020).

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto desde o vindeiro luns, 23 de novembro de 2020 e ata o 8 de xaneiro de 2021 ás 14.00 horas.

Pode consultar as bases e a convocatoria publicadas no BOP na páxina web do Premio provincial á mellor iniciativa empresarial: https://emprego.dacoruna.gal/lineas/lina-2-pel-emprende/premio-provincial-mellor-iniciativa-empresarial/

 

Luns, 23 November, 2020 - 10:00 to Venres, 8 January, 2021 - 14:00

Compartir