Lánzase o programa de innovación social "O Forno dos Soños"

O Forno dos Soños é un programa de innovación social para o fomento do emprendemento e o intraemprendemento que se desenvolve a través da creación dun entorno colaborativo e apoio mutuo que busca aflorar o talento individual e grupal das persoas participantes. Trátase dun proxecto moi acaído para mocidade que estea dando os seus primeiros pasos no mundo laboral, persoas que estean en situación de desemprego ou emprego precario e tamén para aqueles que tendo ideas de negocio non teñen moi claro que facer con elas.

Dende o programa Compostela Móvese confíase nas persoas e na súa capacidade para transformar esas ideas en proxectos de negocio económicamente viables, pero baixo unha nova percepción sustentada na colaboración, xeración de sinerxias e desenvolvemento persoal en disciplinas transversais que se traballan ao longo de todo o programa como: a creatividade, a anticipación, a motivación e a flexibilidade… e sobre todo a colaboración durante todo o proceso. Todas elas tanto co marco común das titorías; como das distintas sesións grupais que se vaian desenvolvendo.

Debido á soidade das persoas emprendedoras e en busca activa de emprego; é necesario un asesoramento e acompañamento durante todo o proceso. Por iso o que se propón é acompamento durante todo o proceso e a xeración de dinámicas para fomentar o apoio interno e complementación entre todas as persoas participantes no programa. 

O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de setembro de 2017. Pódese atopar toda a información sobre o programa na seguinte ligazón: http://www.cersiaempresa.gal/convocatorias/convocatoria.php?id=222&lg=gal

 

Mércores, 13 September, 2017 - 11:30

Compartir