Liderado cooperativo e xestión de equipos

A Rede Eusumo presenta:
Liderado Cooperativo e Xestión de Equipos
 
Obxectivos:
  • Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas e entidades participantes.
  • Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas e entidades participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
  • Divulgar de forma práctica ás cooperativas e entidades participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección .
  • Potenciar o coñecemento mútuo e intercambio de experiencias das cooperativas e entidades participantes que permitan establecer alianzas futuras.
Destinatarios: Preferentemente cooperativas, persoas socias pertencentes a equipos directivos, consellos reitores, e socias e asalariadas con responsabilidades na área de Dirección e Xestión de Persoas de Cooperativas e entidades participantes. Grupo mínimo: 10 persoas - Grupo máximo: 20 persoas.
 
Lugar: Rúa Dublín, nº 3, baixos (Polígono das Fontiñas) – Santiago de Compostela
 
Data: 22 de febreiro | 1 de marzo de 2019 [2 sesións]
 
Horario: 9:30 – 14: 30 e 16:00 – 18:30 horas [ 7h. 30 m./sesión]
 
Contacto: Tino Gago Conde [ Unión de Cooperativas EspazoCoop] -- tino@espazo.coop
 
Consulta o cartel da xornada e o programa
 
 
Venres, 22 February, 2019 - 09:30 to Venres, 1 March, 2019 - 18:30

Compartir