Módulos formativos online da Rede Eusumo

A Rede Eusumo, rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a
economía social, lanza tres módulos formativos gratuítos 100% en liña relacionados co emprendemento e a consolidación de empresas cooperativas.

Que se pretende con este programa formativo?

O programa de formación en liña da Rede Eusumo está integrado por tres módulos que lle permitirá ao alumnado percorrer tres escenarios chave no impulso e consolidación dun proxecto empresarial cooperativo.

A quen vai dirixido?

A todas aquelas persoas interesadas en emprender baixo a fórmula cooperativa e ás cooperativas existentes que queiran consolidar os seus proxectos empresariais.

Duración

Cada módulo terá unha duración estimada de 20 horas, todas elas en liña.

Módulos

Módulo 1: Desenvolvendo o teu proxecto cooperativo

  • Data de inicio: 16 de maio.
  • Data de fin: 1 de xuño.
  • Obxectivo: Este módulo recolle diversos capítulos que percorren dun xeito práctico as pautas, os recursos e os coñecementos para abordar con éxito un proxecto empresarial cooperativo.

Módulo 2: Comunica e posiciona na rede a túa cooperativa

  • Data de inicio: 16 de maio.
  • Data de fin: 1 de xuño.
  • Obxectivo: Este módulo pretende achegarnos ás ferramentas básicas do marketing dixital, para mellorar a formación sobre conceptos de analítica web, SEO, SEM, redes sociais ou comercio electrónico, así como definir a mensaxe estratéxica da comunicación dunha cooperativa, coa finalidade de crear marca e posicionala na rede.

Módulo 3: A internacionalización das cooperativas: Saíndo aos mercados exteriores

  • Data de inicio: 16 de maio.
  • Data de fin: 1 de xuño.
  • Obxectivo: Este módulo pretende introducir ao alumando nas características dos procesos de internacionalización e nas decisións fundamentais asociadas a eles. Por iso percorreranse distintos capítulos orientados a dar a coñecer, por exemplo, a importancia do plan de internacionalización como ferramenta necesaria para o inicio da actividade internacional dunha cooperativa; recoller os aspectos máis singulares de operativa internacional, tales como os referentes á loxística ou á definición do prezo de exportación; ou reflectir as principais diferenzas entre a mercadotecnia local e a internacional.

Inscrición

O programa formativo ten carácter gratuíto.

Podes inscribirte de forma individualizada en cada un dos módulos ou de forma conxunta en todo o programa formativo.
Prazas limitadas a 20 persoas por módulo.
Prazo de inscrición Ata o 16 de maio.

Entregarase un diploma de acreditación de participación.

Pódeste inscribir facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico en:
T. 981 55 80 08
info@eusumo.gal

Descargue o programa aquí

 

 

Luns, 16 May, 2016 - 13:30 to Mércores, 1 June, 2016 - 13:30

Compartir