Mellora como falar en público

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) lanza 15 únicas prazas para a formación “Mellora como falar en público”.
Trátase dun curso intenso e totalmente práctico que forma parte do proxecto “Laboratorio de iniciativas sostibles” da CEO, financiado pola Rede Eusumo de Economía Social da Xunta de Galicia.
O obxectivo desta actividade é que as persoas participantes coñezan algunhas das claves para gañar seguridade á hora de falar diante doutras persoas. Para iso, o programa formativo centrarase en dúas cuestións:
- Definir o teu proxecto e marca
- Comunicar de forma eficaz
Esta formación constará dunha titoría individual e dúas sesións presenciais os días 26 e 27 de setembro de 16:00 a 19:00h na sede da Confederación Empresarial de Ourense.
Se queres participar, só tes que inscribirte a través deste formulario.
Para máis información visita laboratoriodeiniciativas.com