Mellora organizativa - PROGRAMA #Saímoscooperando

Espazocoop a través da Rede Eusumo e en colaboración co Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES, organiza a seguinte encontro entre cooperativas:

MELLORA ORGANIZATIVA - PROGRAMA #Saímoscooperando 2022
 

Data: 16 de setembro

Horario: de 09:30 a 11:30 horas 

Modalidade: en liña a través de zoom

Duración: 2 horas

Destinatarios: Cooperativas interesadas, con preferencia para cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop. 

Obxectivos:

- Poñer en común e analizar as necesidades das cooperativas participantes no tocante a organización da cooperativa e as persoas nas cooperativas
- Impulsar o encontro entre cooperativas, a posta en común de necesidades e recursos, a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas entre as cooperativas que participen no programa
- Facilitar ferramentas específicas de xestión, de autodiagnose, para a mellora da organización cooperativa.

Programa da acción:

09:30 h - Rolda de presentación das participantes | dinámica para romper o xeo.
09:45 h - Presentación da temática do encontro e do plan de traballo
09:50 h - Detección de necesidades: por que estamos aquí? | Traballo virtual colaborativo
10:15 h - Ferramentas de diagnose | Traballo virtual colaborativo
11:00 h - Boas prácticas de cooperativas participantes no #SaimosCooperando 2022
11.30 h - Peche do encontro

Inscricións:

- Gratuíta
- A través de roberto@espazo.coop / 623301533

 

Venres, 16 September, 2022 - 09:30 to 11:30

Compartir