LOADING

MES DO COOPERATIVISMO

DÍA DO COOPERATIVISMO

Xa se coñece a data na cal se celebrará o Día do Cooperativismo Galego!

Este ano o día do cooperativismo celebrarase o Sábado 7 de Xullo en Porriño, na cooperativa Maier Ferroplast.

Poderás acceder a maior información e mesmo inscribirte a través da seguinte ligazón: www.cooperativismogalego.com

 

 

 


COOPERATIVISMO DE PORTAS ABERTAS

Unha vez máis, convidámosvos a todas as cooperativas galegas a que, durante a xornada anterior ao Día Internacional do Cooperativismo, vos sumedes a esta campaña que busca dar visibilidade ao voso traballo e a este modelo de economía social.

                                

 
Trátase dun xesto simbólico que quere reforzar e dar a coñecer o forte tecido do que está formado o cooperativismo galego. Cantas máis sexamos, máis visibilidade conseguiremos nos medios! Por iso é tan importante a vosa adhesión, para que a listaxe sexa ben longa e poidamos dar así unha mostra real do volume de cooperativas que hai en Galicia.

Dende a Secretaría Xeral de Emprego comprometémonos a darlle difusión a esta xornada a través de diversas canles para conseguir poñer en valor o labor que desenvolve o sector cooperativo dentro da economía galega.  

Como participar?
É moi sinxelo. Simplemente debedes responder ao correo electrónico de diadocooperativismo@xunta.gal indicando o nome da vosa cooperativa.
Unha vez recibida a vosa mensaxe, pasaredes a formar parte da rede de cooperativas que se suman a esta campaña de promoción do cooperativismo. Despois, só tedes que acoller a quen queira coñecer o voso traballo o día 6 de xullo.   

Para máis información, podedes facer as vosas preguntas na mesma dirección de correo electrónico  (diadocooperativismo@xunta.gal) ou ben chamar ao teléfono 690 701 377.

Empresas participantes

  • 7 H, S. Coop. Galega
  • Abertal, S. Coop. Galega
  • Acorda soluciona, S. Coop. Galega
  • Algalia, S. Coop. Galega
  • Anacos de Vidro, S. Coop. Galega
  • Árbore de vida celta, S. Coop. Galega
  • Ardora, S. Coop. Galega
  • Asegal, S. Coop. Galega
  • Asesores Técnicos de Galicia, S. Coop. Galega (Astegal)
  • Aurora de Buxán, S. Coop.
  • Bico de Grao, S. Coop. Galega
  • Cal 3 Fotografía
  • CEM, S. Coop. Galega
  • Cestola  na Cachola, S. Coop. Galega
  • Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais S. Coop. Galega
  • Cine e Documental, S. Coop. Galega
  • Cograf, S. Coop. Galega
  • Confecciones Corcubión, S. Coop.
  • Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela, S. Coop. Galega
  • Construccións Meras, S. Coop.
  • Cooperativa Agraria Provincial da Coruña S. Coop. Galega
  • Coproden, S. Coop. Galega
  • Cotrasvi, S. Coop. Galega
  • Cousas da Terra, S. Coop. Galega
  • Cubitos de Hielo Sta. Tecla, S. Coop. Galega
  • Culturactiva, S. Coop. Galega
  • Daiquí, S. Coop. Galega
  • Dalle que dalle 
  • Delagro, S. Coop. 
  • Electrotel, S. Coop. Galega
  • Equal, S. Coop. Galega
  • Espazocoop (Sede Coruña)
  • Espazocoop (Sede Compostela)
  • Espazocoop (Sede Vigo)
  • Fylsem Asesores, S. Coop. Galega
  • Gaia dos Nenos, S. Coop. Galega
  • Hábitat Social, S. Coop. Galega
  • Itaca Software Libre, S. Coop. Galega
  • Legumia, S. Coop. Galega
  • Mars Mantenimiento, S. Coop.
  • MedAtlantia Consultoría Europea, S. Coop. Galega
  • Mendiño, S. Coop. Galega
  • Melandrainas Creativa, S. Coop. Galega
  • Milhulloa, S. Coop. Galega
  • Miraxe, S. Coop. Galega
  • Mulleres Colleiteiras, S. Coop. Galega
  • Numax, S. Coop. Galega
  • O Cable Inglés S. Coop. Galega
  • Os Parentes S. Coop. Galega
  • Panxea, S. Coop. Galega
  • Pingota Comunicación, S. Coop. Galega
  • Psialia Psicoloxía e Logopedia
  • Simbiosis, S. Coop. Galega
  • Terras da Mariña, S. Coop. Galega
  • Tres Fuciños S. Coop. Galega
  • Urdime, S. Coop. Galega
  • Xeracción, S. Coop. Galega

 

COOPERATIVISMO EN MOVEMENTO

Durante o mes de xuño terá lugar unha nova edición da campaña "Cooperativismo en movemento", cun percorrido de actividades por 6 cidades e vilas de Galicia.

O espectáculo que ten preparado "A Tropa do Doutor Milagre"  esta destinado a todo tipo de público. Ademais da diversión en familia, a actuación promoverá os valores do traballo cooperativo.

As paradas do espectáculo son:

  • Domingo 3, ás 19.00 - Narón (Praza de Galicia)
  • Domingo 10, ás 12.00 - Viveiro (Praza Maior) -- POR MOR DA CHOIVA O ACTO TRASLADARASE AO CONSERVATORIO MUNICIPAL
  • Xoves 14, ás 20.30 - Ourense (Praza de San Martiño)
  • Domingo 17 ás 19.00 - Lalín (Praza de Loriga)
  • Mércores 20 ás 20.00 - Lugo (Praza de Sta María)
  • Mércores 27 ás 12.00 - A Estrada (Praza do Mercado)

 

COOPERATIVISMO NO ENSINO

Entrega de premios no certame "Cooperativismo no ensino 2018"

Elexidos os premiados no certame "Cooperativismo no ensino 2018", a partir de mañá terán lugar os actos de entrega de premios.

  • CPI O Cruce

8 de xuño, 11:30 h (Auditorio do Concello)

  • CEIP Sestelo Baión

12 de xuño, 12:00 h (CEIP Sestelo Baión)

  • CEIP Plurilingüe Domaio

13 de xuño, 12:30 h (CEIP Domaio)

  • IES Melide

15 de xuño, 12:00 h (Casa da Cultura do Concello)

  • CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

19 de xuño, 12:00 h (Escolas Vellas)