Milhulloa divulga o cooperativismo entre estudantes

Esta mañá estudantes do colexio Manuel Mato Vizoso (Vilalba) asistiron a unha xornada didáctica sobre cooperativismo na cooperativa Milhulloa (Palas de Reis).

Santiago de Compostela, martes 30 de abril de 2019 - Esta mañá, estudantes do último ciclo de primaria do colexio Manuel Mato Vizoso (Vilalba) coñeceu de primeira man Milhulloa, unha cooperativa cunha traxectoria de 18 anos, dedicada á produción de especias, herbas medicinais, cosméticos e outros produtos derivados do campo, algún de forma ecolóxica.

Durante o percorrido polas instalacións, persoal da entidade explicoulles o día a día da súa actividade e o seu funcionamento como cooperativa.

AGACA organiza a iniciativa no marco do ciclo “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito” co obxectivo de dar a coñecer este modelo de negocio entre o estudantado, para que o teñan en consideración ao finalizar su formación académica.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

 

Martes, 30 April, 2019 - 09:15

Compartir