Monforte acolle unha xornada de Creación de riqueza e emprego no monte veciñal

O 23 de setembro terá lugar a Xornada “Creación de Emprego e Riqueza mediante el Uso Cooperativo del Monte Comunal”, centrada na identificación e potenciamento dos recursos dos montes comunais para os veciños, mediante a xestión cooperativa.
 
A cita será na Cooperativa de Lemos (As Gándaras). Calquera persoa interesada en inscribirse pode facelo, de forma gratuíta, chamando ao 981 58 47 83 antes do 21 de setembro.  
 
AGACA organiza as xornadas co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Rede  Eusumo. 
 
En Galicia existen 650.000 hectáreas forestais baixo control das comunidades de montes veciñais e en man común (CMVMC). Tradicionalmente, a produción madeireira e a instalación de parques eólicos son as principais actividades xestionadas polas CMVMC nos seus montes. 
 
A Xornada, orientada a persoal especializado en xestionar estes terreos, pretende dar visibilidade a outro tipo de explotación de recursos, xeralmente desaproveitado por requirir investimentos, man de obra, organización e planificación ou outros condicionantes de difícil solución para as CMVMC.
 
O seminario mostrará como una xestión cooperativa destes recursos ociosos pode xerar emprego e riqueza para os veciños. Tratará aspectos económicos e lexislativos marcados pola nova Lei de Montes, para aclarar as diferentes posibilidades de investimento das CMVMC, así como modos de innovar a través da eficiencia enerxética. 
 
Casos de éxito
 
Ademais, na Xornada mostraranse iniciativas que funcionan con éxito na explotación dos MVMC, entre elas cultivo da castaña e oliva e un novo proxecto  para mellorar o método de resinar o piñeiro.
 
A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e o Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo.
 
Lugar: Cooperativa Lemos, As Gándaras s/n, Monforte de Lemos (LUGO)
 
Data e hora: sábado, 23 de setembro. De 09:30 a 14:45 h.
 
Consulta aquí o programa da xornada.
 
Luns, 11 September, 2017 - 09:45

Compartir