Mostra: Préndete da economía social

Dentro do programa de formación e asesoramento da USC "SÚMATE Á CULTURA EMPRENDEDORA EN ECONOMÍA SOCIAL!" se encadra a a seguinte MOSTRA:

PRÉNDETE DA ECONOMÍA SOCIAL

Data: 27 de outubro 

Horario: de 11:30 a 19:00 horas

Modalidade: en liña

Obxectivo: xerar un ecosistema real de economía social mediante encontros con persoas emprendedoras e empresas para fomentar networking e transferencia, promover iniciativas emprendedoras mediante charlas sectoriais e talleres e dar a coñecer proxectos de economía social mediante showrooms e catas para aumentar competitividade do sector da economía social, entre outras actividades.

Actividades:

- Participación de empresas de economía social.
- Charlas sectoriais e talleres para promover o emprendemento en sectores emerxentes.
- Showrooms e catas sectoriais en economía social.

Programa:

11:30 h Benvida e recepción de asistentes.

11:35 h Charla: Xestión de datos masivos: Como procesar e cruzar datos para obter información útil para túa empresa.

12:30  hCharla: Comercio electrónico no comercio de proximidade.

Descanso --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

16:00  h Charla: Oportunidades no tercer sector (acción social).

17:00 h Presentacións. Mostra do panel de empresas en “usceconomiasocial.gal” e showrooms virtuais coa participación de: Marma / O´Taller / Mareira / Galpon Lab

18:00 h Charla: Economía circular e eficiencia enerxética. Aproveita todos os recursos a teu alcance.

19:00 h Peche da mostra.
 

Inscrición: a través desta ligazón antes do 26 de outubro ás 17:00 horas.

Para máis información: usceconomiasocial.gal / info@usceconomiasocial.gal / 687 333 709

 

Mércores, 27 October, 2021 - 11:30 to 19:00

Compartir