Nas vindeiras semanas abrirase a nova convocatoria do Bono Consolida Economía Social

A convocatoria para este 2023 do Bono Consolida abrirase nas próximas semanas, cando a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta publique as bases reguladoras.

Trátase dunha axuda destinada a reforzar a presenza de entidades de economía social galegas (sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego) no tecido económico para incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.

Esta convocatoria está dotada cun total de 2 730 000 de euros que subvencionarán os servizos e os investimentos que as entidades que resulten beneficiarias leven a cabo entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023.

Subscríbete ao boletín semanal da Rede Eusumo para manterte ao tanto sobre esta axuda, así como doutras subvencións, noticias, formacións e demais información de interese dentro do ámbito da economía social.

 

Martes, 16 Maio, 2023 - 10:30

Compartir