Obradoiro sobre economía social en Terra de Trasancos para estudantes do Otero Pedrayo

  • A Fundación Terra de Trasancos (Narón) acolleu esta mañá a estudantes do CEIP Otero Pedrayo, de Rábade.
  • Participaron nunha charla formativa e percorreron as instalacións de Terra de Trasancos, entidade que opera en varios sectores económicos no modelo da economía social.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Santiago de Compostela, xoves 31 de maio de 2018. – A Fundación Terra de Trasancos recibiu esta mañá a estudantes de quinto e sexto de Primaria do colexio Otero Pedrayo, de Rábade

Participaron nun obradoiro divulgativo da Rede Eusumo, acerca características da economía social como son a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento.

O obxectivo é presentar ao alumnado as posibilidades da economía social como modelo de negocio que pode prosperar no medio rural e en diversos sectores produtivos e de servizos.

Persoal da entidade mostroulles as instalacións e o funcionamento de Terra de Trasancos, que desarrolla actividades en varias áreas, entre elas agrícola, supermercado e perruquería.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Venres, 1 June, 2018 - 09:15

Compartir