Curso básico de comercio exterior da economía social e cooperativa
A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:
CURSO BÁSICO DE COMERCIO EXTERIOR DA ECONOMÍA SOCIAL E COOPERATIVA
Datas: 02/03/20 - 06/03/20
Horario: de 11:00 a 14:00 horas
Duración: 15 horas (a razón de 3 horas de duración cada unha das 5 xornadas)
Lugar: Cámara de Comercio de Santiago, Vivero de Empresas, r/ República Checa, 40, Pol. Costa Vella, Santiago de Compostela.
Destinatarios: empresas interesadas no proceso de internacionalización do seu negocio ou público que desexe adquirir coñecementos acerca da internacionalización, especialmente a empresa de economía social.
Obxectivo: introducir as empresas asistentes no proceso de internacionalización e facilitarlles a toma de decisións estratéxicas. Os distintos módulos están orientados a dar a coñecer os conceptos básicos, a importancia do plan de internacionalización, da adaptación do produto ao novo mercado e a xestión operativa para poder levar a cabo a exportación.
Contido:
INTRODUCCIÓN
- Que é a economía social
- Principios que a orientan
- Valor da Internacionalización para estas empresas e entidades
OPERACIONS INTERNACIONAIS
- A compravenda internacional
- As relacións exportador-cliente
- Figuras básicas na distribución internacional
- O produto a exportar
- O pago nas relacións internacionais
- Loxística internacional básica. Incoterms
- Banca e compañías de seguros
- A aduana
- Documentación para o comercio exterior
BARREIRAS E RISCOS DA EXPORTACIÓN
- Obstáculos ó comercio exterior
- A OMC e os seus acordos
- Tipos de Barreras
- Os riscos nas operacións internacionais
A EMPRESA FRONTE A INTERNACIONALIZACIÓN
- Intercambios de mercancías e servizos
- A internacionalización en España
- O diagnóstico de Internacionalización
- O proceso de Internacionalización
CÓMO OBTER INFORMACIÓN DE MERCADOS EXTERIORES
- Obxectivos
- Tipos de información e a súa xestión
Inscricións: www.camaracompostela.com
Para máis información: 981551700 / serviciotecnico@camaracompostela.com