Informe sobre a economía social en Galicia - 2019
Tras a publicación do "Libro branco da economia social de Galicia" no 2019 (descargar PDF), o Centro de estudios cooperativos (CECOOP) publica o "Informe sobre a economía social en Galicia 2019" (descargar PDF) coa finalidade de actualizar a información facilitada seguindo o mesmo esquema que na elaboración do Libro Branco.
No informe recóllense os datos estatísticos da economía social e ademais inclúense dúas novidades: a introdución dun capítulo específico para analizar a fiscalidade nas entidades da economía social e doutro para recoller unha experiencia de innovación docente en aprendizaxe-servizo no ámbito universitario no que a economía social foi a protagonista do mesmo.
____________________________________________________________________________________________________
O traballo estrutúrase en catorce capítulos:
1. INTRODUCIÓN
2. A ECONOMÍA SOCIAL EN GALICIA: MARCO XURÍDICO E NOVIDADES LEXISLATIVAS
3. AS SOCIEDADES COOPERATIVAS GALEGAS
4. AS SOCIEDADES LABORAIS
5. EMPRESAS DE INSERCIÓN
6. OS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO
7. AS CONFRARÍAS DE PESCADORES
8. AS SOCIEDADES AGRARIAS DE TRANSFORMACIÓN
9. AS COMUNIDADES E MANCOMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
10. AS MUTUAS DE SEGUROS E MUTUALIDADES DE PREVISIÓN SOCIAL
11. FISCALIDADE DAS ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL
12. POLÍTICAS PÚBLICAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA ECONOMÍA SOCIAL E ASOCIACIONISMO
13. A ECONOMÍA SOCIAL NA FORMACIÓN UNIVERSITARIA. UNHA EXPERIENCIA DE INNOVACIÓN DOCENTE EN APRENDIZAXE-SERVIZO
14. RESUMO EXECUTIVO
Martes, 23 February, 2021 - 11:45