2º Edición - Programa RR_dTerritorio sobre emprendemento social innovador no territorio
A Fundación Roberto Rivas lanza unha nova edición do Programa RR_dTerritorio de incubación de proxectos de emprendemento social innovadores no territorio de Galicia, especialmente nas zonas de interior.
É un programa inmersivo e experiencial, no que a través do contacto con entidades locais, as persoas emprendedoras dan resposta a retos específicos do territorio contribuíndo aos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.
Seleccionaranse un máximo de 20 proxectos priorizando os seguintes sectores produtivos:
- Agricultura, gandaría e forestal
- Transformación agroalimentaria
- Biotecnoloxía
- Enerxía, medio ambiente e mobilidade
- Atención e coidado de persoas
- Turismo sostible e patrimonio
Destinatarios: persoas interesadas en presentar a súa idea ou proxecto de emprendemento que:
- A súa idea ou proixecto de emprendemento sexa no eido rural de Galicia.
- Teña dispoñibilidade para asistir polo menos ao 80% do programa.
Duración: 260 horas (200 de formación e 60 de mentoría e outras actividades)
Datas:
- Inicio: 1 de xuño
- Horario: de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas
- Xuño e xullo será de formación grupal en liña
- Setembro: mentorías e visitas/xornadas presenciais para coñecer aos actores e as oportunidades do territorio.
Módulos formativos:
- Chaves para emprender
- Design Thinkig e prototipado
- Marketing e experiencia do cliente
- Innovación social e emprendemento social
- Economía circular, bioeconomía e sosteñibilidade
- Comunicación e ferramentas dixitais
- Tecnoloxías emerxentes
- Retos e oportunidades no territorio
Inscrición:
- Ata o 15 de maio
- A través da web rrdterritorio.com
Se queres consultar o programa máis en detalle, preme nesta ligazón.
Para coñecer as bases da convocatoria podes premer aquí.
Máis información no: rrdterritorio.com / programa@rrdterritorio.com ou en fundacionrobertorivas.org