Taller | Novas estratexias en redes sociais 2022/2023. Os tempos cambian
A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela organiza o taller “Novas estratexias en redes sociais 2022/2023. Os tempos cambian” no marco da Rede Eusumo.
Esta actividade levarase a cabo entre o 17 e o 21 de outubro do 2022. Realizarase en modalizade presencial nas intalacións da Cámara de Comercio de Santiago en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Os contidos incluirán unha panorámica das redes sociais en España, destacando as redes emerxentes, repasaranse conceptos de marketing, as mensaxes que mellor funcionan, como facer unha boa planificación e novas ferramentas de análise e interpretación de datos, entre outros temas esenciais.
Podes acceder a máis información e incribirte a través da web www.camaracompostela.com.