Axudas para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica as bases reguladoras das axudas para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

A finalidade é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lle faciliten a inserción laboral, dotándoas á vez de competencias para o emprego que as acompañen durante a súa vida laboral.

Por medio desta convocatoria, as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación de menores de 30 anos a través das seguintes liñas:

Liña 1: programa de prácticas, mediante contratos para a obtención de práctica profesional, subscritos con persoas traballadoras menores de 30 anos que estean en posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento), ou título de grao medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional de ordenación e integración da formación profesional, así como daquelas persoas que posúan un título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral

Liña 2: programa de formación en alternancia, mediante contratos de formación en alternancia que se realicen con persoas traballadoras menores de 30 anos, e que poderán subscribirse con persoas que carezan da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención de práctica profesional.

Quen pode persoa empregadora e empresa beneficiaria?

  1. Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís
  2. Centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral

Quen pode ser unha persoa destinataria final?

Poderán ser persoas destinatarias finais destas axudas aquelas persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos no momento da contratación para as dúas modalidades contractuais previstas:

  1. Que teñan feitos os 16 anos e non superen os 30 anos
  2. Que estean desempregadas, preferentemente persoas paradas de longa duración, e que se atopen inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia
  3. Que non teñan unha experiencia profesional superior a un ano (365 días) no mesmo grupo de cotización no que van ser contratadas

Ata cando se pode presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Luns, 30 September, 2024 - 23:45

Compartir