A nova Lei de Contratos do Sector Público incluirá cambios normativos a favor de empresas de Economía Social

A nova Lei de Contratos do Sector Público aprobada polo Congreso dos Diputados incluirá cambios normativos a favor de pemes e empresas de Economía Social; o que contriburiá a xerar riqueza, emprego estable e cohesión social e territorial.

Tanto a Confederación Empresarial Española de Economía Social (Cepes) como a  Federación Empresarial Española de Asociacións de Centros Especiais de Emprego (Feacem) celebran a aprobación desta nova lei.

Cepes, como patronal da Economía Social, trabajou cos grupos parlamentarios durante os últimos meses para acadar o maior grao de consenso e acordo posible.

Entre as novidades lexislativas destacan as seguintes:

  • A nova normativa sobre contratación pública establece a incorporación de criterios sociais e medioambientais de forma transversal en toda contratación. 
  • Además, supera o concepto da oferta económica máis ventaxosa á hora de adxudicar contratos públicos, que se substitúe pola mellor relación calidade-prezo. 
  • A nova lei tamén incorpora, a posibilidade de reservar certos contratos de servizos sociais, culturais e de saúde a empresas e entidades da Economía Social, como empresas de inserción e centros especiais de emprego de iniciativa social.
  • Recolle múltiples posibilidades para a inclusión de cláusulas sociais nos criterios de adxudicación, e tamén se contempla que os concertos sociais por parte de entidades privadas (rexímenes de autorización ou licenza) exclúanse da lei de contratos.

 

Venres, 20 October, 2017 - 14:15

Compartir