O 21 de setembro celébrase o Día da cooperación europea

Desde o ano 2012, o Día da Cooperación Europea realízase anualmente o 21 de setembro, celebrando por toda Europa os logros dos proxectos de cooperación territorial e incrementando a súa visibilidade e recoñecemento entre a cidadanía europea e doutros países de fóra da UE.

Baixo o lema “Compartindo fronteiras, crecendo xuntos”, os 93 programas de cooperación, entre eles o Programa España - Portugal (POCTEP), organizan en torno a esta data, eventos locais creativos, que implican á cidadanía europea e amosan os resultados dos 30.000 proxectos levados a cabo desde o comezo da iniciativa Interreg fai 20 anos.

Así, no marco destas actividades animámosvos a acudir á presentación do proxecto Poctep Laces (Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social) que se celebrará o venres 22 ás 09.45 horas no MUPEGA.

Se non podedes asistir e estades interesados en saber máis sobre este proxecto, podedes seguilo a través de Streaming na nosa páxina web.

 

Mércores, 20 September, 2017 - 13:15

Compartir