O CIRIEC invita á presentación de propostas de actividades para a 4ª Semana Universitaria da Economía Social 2023

A Rede ENUIES, de CIRIEC-España, convoca aos centros, institutos, cátedras e demais estruturas de investigación en economía social á celebración da 4ª Semana Universitaria da Economía Social, que terá lugar do 20 ao 30 de marzo do 2023.
O CIRIEC invita ás distintas estruturas de investigación de España e Iberoamérica a organizar unha ou varias actividades vinculadas á economía social, en formato en liña ou presencial, cada unha desde as súas instalacións, co obxectivo de poder completar conxuntamente unha ampla axenda de actos que dean máis visibilidade á economía social desde o ámbito universitario.
Cada centro universitario pode organizar as actividades en función dos seus obxectivos, recursos e dispoñibilidade. Pódense organizar conferencias, mesas redondas, exposicións, presentacións de libros ou de resultados de proxectos de investigación, talleres ou formacións específicas, entre outras. A finalidade é mostrar o que se está facendo nas universidades pola economía social.
O último día, xoves 30 de marzo, está reservado para unha actividade conxunta da Rede ENUIES, CIRIEC e a Asociación Española de Contabilidade e Administración de Empresas (AECA).
Todas as persoas participantes na Semana Universitaria recibirán un certificado de participación, polo que é preciso que os organizadores cubran adecuadamente o formulario das actividades programadas en cada centro.
O prazo para a presentación de propostas remata o 28 de febreiro.
Fonte: Observatorio Español de la Economía Social