O coaching como oportunidade para emprender | Edición IV

Desde a Rede Eusumo lanzamos a 4.ª edición do curso ‘O coaching como oportunidade para emprender’ como parte da nosa aposta pola formación no eido da economía social.

Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 14 e o 28 de novembro de 2023 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.

O obxectivo desta formación é sacar o maior partido dos recursos existentes e analizar a idea de negocio desde diferentes perspectivas para conseguir as metas e os obxectivos propostos.

Trátase dun curso gratuíto dirixido a persoas interesadas en emprender e que precisan dunhas directrices para facer da incerteza unha oportunidade e poder así desenvolver a súa idea de negocio no ámbito da economía social.

programa formativo ten a seguinte estrutura:

MÓDULO 1. O coaching como ferramenta para emprender na economía social

MÓDULO 2. A persoa emprendedora

MÓDULO 3. A importancia das emocións e a comunicación para traballar en equipo

MÓDULO 4. Como alcanzar os teus obxectivos

As inscricións estarán abertas ata o 13 de novembro de 2023 e faranse seguindo estes pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 

Descarga o cartel

 

Martes, 14 November, 2023 - 00:00 to Martes, 28 November, 2023 - 23:45

Compartir