Publicuose no DOG a nova convocatoria de 'Xempre Emprendemento' co obxecto de financiar investimentos realizados durante o 2022 - PRAZO PECHADO

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abriu a convocatoria da axuda 'Xempre Emprendemento', mediante a que pemes, persoas traballadoras autónomas e sociedades cooperativas e laborais poderán financiar os investimentos realizados dende o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da solicitude. O prazo para solicitala remata o 4 de novembro de 2022.

O Goberno galego destina un total de 2,8M€ co obxectivo de outorgar liquidez ás iniciativas empresariais nacidas a partir do 1 de xaneiro de 2020 para contribuír a manter a súa actividade e gañar competitividade.

Segundo a intensidade do investimento realizado, os pagamentos a percibir variarán. Irán así dun mínimo de 3.000 euros para a mínima inversión financiable (de 5.000 euros) ata os 30.000 euros para a máxima (100.000 euros).

Esta axuda cubrirá os investimentos efectuados, e debidamente xustificados mediante factura, en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais, ou adquisición de equipos de segunda man para o negocio, entre outros.

Xempre Emprendemento inclúese na estratexia Xempre Contigo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que está a impulsar a iniciativa empresarial no territorio e as políticas de apoio aos traballadores autónomos e á economía social.

Consúlta a orde do DOG Núm. 187.

 

  
 
 
 
Martes, 4 October, 2022 - 00:00 to Venres, 4 November, 2022 - 23:45

Compartir