O emprendemento e as empresas de inserción laboral

AEIGA a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade:

O emprendemento e as empresas de inserción
 

Datas: 27,28, 29, 30 de xuño e 1 de xullo

INFORMACIÓN IMPORTANTE: a xornada do 27 de xuño posponse por motivos persoais da docente.

Horario: 09:00 a 14:00 h

Modalidade: presencial

Lugar: no edificio CERSIA, rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela

Destinatarios: dirixido a persoal técnico e administrativo de entidades sociais que traballen no ámbito da inclusión e a poboación en xeral.

Duración: 25 horas

Obxectivos:

  • Difundir e sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral en Galicia, así como das outras figuras xurídicas principalmente da economía social.
  • Apoiar e promover a creación de novas empresas ordinarias e de novas empresas de inserción en Galicia.
  • Complementar a formación técnica e práctica dos futuros profesionais das áreas xurídica, económico-empresarial e social.
  • Fomento do espírito emprendedor

Programa:

  • Organización empresarial (27 e 28 de xuño)
    - A idea de empresa, o emprendemento, o plano de empresa
    - Formas xurídicas de empresa e trámites.
    - Aspectos básicos da fiscalidade na empresa.
    - Documentación básica na empresa.
    - Estrutura organizativa e xestión de RRHH.
  • Marketing e comercialización (29 de xuño)
    - Mercado: clientes, competencia e provedores.
    - Ferramentas básicas da mercadotecnia: produto: o prezo, a distribución, a publicidade e a comercialización.
    - Habilidades para o trato ao cliente.
  • Análise económico-financeiro (30 de xuño)
    - Financiamento (tipos).
    - Plan económico e viabilidade económico financeira da empresa.
    - Subvencións e axudas (características, trámites e tipos).
  • A empresa de inserción laboral (1 de xullo)
    - Concepto de empresa de inserción laboral.
    - Entidades promotoras de empresas de inserción laboral.
    - Procedemento de constitución e cualificación.
    - Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción laboral
    - Elaboración do proxecto de empresa de inserción.
    - Principais atrancos para a posta en marcha dunha empresa de inserción laboral.
    - As persoas traballadoras en Inserción
    - Itinerarios e convenios de inserción.
    - Promoción das Empresas de Inserción.

Inscrición:

- Gratuíta

- A través desta ligazón ou en aeigagalicia@aeiga.org

Máis información en www.aeiga.org / 881 957452 / 698 120 455

Luns, 27 June, 2022 - 09:00 to Venres, 1 July, 2022 - 14:00

Compartir