O emprendemento e as empresas de inserción laboral
AEIGA a través da Rede Eusumo organiza a actividade 'O emprendemento e as empresas de inserción'.
Datas: do 24 ao 28 de outubro de 2022
Horario: 09:00 a 14:00 h
Modalidade: en liña (plataforma Teams) e presencial
Lugar: Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
Destinatarios: dirixido a persoal técnico e administrativo de entidades sociais que traballen no ámbito da inclusión e a poboación en xeral.
Duración: 25 horas
Obxectivos:
- Difundir e sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral en Galicia, así como doutras figuras principalmente da economía social.
- Apoiar e promover a creación de novas empresas ordinarias e de novas empresas de inserción en Galicia.
- Complementar a formación técnica e práctica dos futuros profesionais das áreas xurídica, económico-empresarial e social.
- Fomento do espírito emprendedor.
- Aportar os coñecementos de carácter técnico e práctico relacionados coa creación de empresas e o emprendemento (principalmente a familiarización coas sociedades cooperativas e sociedades laborais) e a súa relación coas empresas de inserción.
Programa:
[24 de outubro] - O emprendemento empresarial
- A organización empresarial
- A persoa emprendedora
- Formas xurídicas
- Trámites para emprender
- Réxime Especial de Autónomos
[25 de outubro] - O plan de empresa
- A idea
- Metodoloxía CANVAS
[26 de outubro] - Marketing empresarial e Financiamento e axudas
[27 de outubro] - Empresas de inserción laboral
- Concepto de EIL e entidades promotoras
- Oportunidades de negocio
- Mecanismos de inclusión
- Constitución e cualificación
[28 de outubro] - Empresas de inserción laboral
- As persoas traballadoras das EIL
- Factores de exclusión social
- O modelo de emprego
- Itinerarios de inserción
- Promoción e difusión das EIL
- Axudas ás EIL en Galicia
Inscrición:
- Gratuíta
- A través desta ligazón ou en aeigagalicia@aeiga.org
Máis información en www.aeiga.org / 881 957452 / 698 120 455