O IGAPE presenta o seu Mapa de Apoios 2018 para impulsar o emprendemento e a innovación

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) fixo público o novo Mapa de Apoios IGAPE 2018, iniciativa que ten como finalidade impulsar a innovación, a formación e a mellora da competitividade das empresas galegas. O documento presentado recolle a información máis relevante sobre os recursos que ofrecen, incluindo o listado dos distintos programas, o tipo de actuación, a axuda ou servizo, as entidades beneficiarias e os plazos de presentación.

Esta información é de especial interese para ás cooperativas e entidades de economía social, xa que moitas delas poden favorecer o seu crecemento e potencial competitivo.

Os Programas do IGAPE desenvólvense nos seguientes ámbitos:

– Emprendemento
– Creación e Consolidación Temprana (ata 42 meses)
– Desenvolvemento e Avance
– Internacionalización
– Actuacións en Colaboración con outros Organismos Públicos.

Podes consultar máis información na web do IGAPE, chamando ao 900 815151 ou a través do e-mal: informa@igape.es

 

Díptico do Mapa de Apoios IGAPE 2018

 

 

 

Mércores, 14 March, 2018 - 11:30

Compartir