O mércores 7 de xuño entregouse un premio do certame "Cooperativismo no ensino" ao IES Monte Neme

A subdirectora xeral de Economía Social entregou onte ao alumnado do primeiro ciclo da ESO do IES Monte Neme de Carballo o premio accésit da modalidade “actividades cooperativizadas” polo seu traballo Programa Bubisher. Así, o instituto recibiu 1.000 euros que poderán ser empregados para a adquisición de materiais ou realización de actividades para o alumnado.

 
Xunto coa entrega de premios, os alumnos e alumnas do centro desfrutaron da compañía teatral Xarope Tulú, que representou a súa obra Cardume, un espectáculo que combina a narración oral coa música en vivo, no que o público participa converténdose, en ocasións, en protagonista. A obra achega historias onde as personaxes traballan xuntas para acadar os seus soños, promovendo valores que fomentan o cooperativismo como son a cooperación, a solidaridade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade.

 

Jueves, 8 Xuño, 2017 - 12:15