O martes 13 de xuño entregáronse dous novos premios do certame "Cooperativismo no ensino" ao CEIP Plurilingüe Domaio

A Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús, entregou, en primeiro lugar, o Primeiro Premio da modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe Domaio polo seu traballo O cooperativismo: un novo superpoder. Ademais, entregou o premio accésit da modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do mencionado CEIP polo seu traballo Luces, cámara, cooperación.

Xunto coa entrega de premios, os alumnos e alumnas do centro desfrutaron da compañía teatral Xarope Tulú, que representou a súa obra Cardume, un espectáculo que combina a narración oral coa música en vivo, no que o público participa converténdose, en ocasións, en protagonista. A obra achega historias onde as personaxes traballan xuntas para acadar os seus soños, promovendo valores que fomentan o cooperativismo como son a cooperación, a solidaridade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade.

 

Martes, 13 Xuño, 2017 - 17:45