O MUPEGA acolleu a reunión de socios da Rede Eusumo

Onte celebrouse no MUPEGA a reunión de socios da Rede Eusumo. Baixo o lema "Facendo máis Rede Eusumo" xuntáronse máis de 30 persoas socias da Rede para tartar o seguinte contido:

  • Benvida e repaso a situación actual da Rede
  • Presentación da proposta do Itinerario do emprendedor da economía social; proposta que recolle o camiño crítico, aspectos a abordar e duración mínima para completar o asesoramento a un grupo promotor dunha entidade de economía social
  • Accións para a mellora da xestión e coordinación da Rede Eusumo: realización de workshops provinciais, presentación da proposta do xestor documental e coordinación de indicadores
  • Presentación dalgunhas propostas previstas para a próxima orde de subvencións a entidades da Rede Eusumo, aclarando que non supoñen compromisos posto que dependen do resultado da tramitación:
    • Convocatoria plurianual
    • Posibilidade de que varias entidades participen no asesoramento a un mesmo grupo emprendedor (ver itinterario asesoramento), con acceso a subvención por esta actividade en función do tempo empregado
    • Para concellos: posibilidade de incluir actividades realizadas por un só concello
    • Non obrigatoriedade de que as actividades se realicen en locais de socios da Rede
Ábrese un prazo ata o 15 de outubro para que as entidades que queiran poidan propoñer melloras. Deberán envialas ao correo info@eusumo.gal
 
Mércores, 27 September, 2017 - 10:45

Compartir