O venres 16 de xuño entregouse un novo premio do certame “Cooperativismo no ensino” ao CPI Monte Caxado

O venres entregouse un novo premio do certame “Cooperativismo no ensino”. Neste caso foi o primeiro premio da modalidade “actividades cooperativizadas” ao alumnado de segundo ciclo da ESO do CPI Monte Caxado polo seu traballo Proem cooperativa educativa.

Xunto coa entrega de premios, os alumnos e alumnas do centro desfrutaron da compañía teatral Xarope Tulú, que representou a súa obra Cardume, un espectáculo que combina a narración oral coa música en vivo, no que o público participa converténdose, en ocasións, en protagonista. A obra achega historias onde as personaxes traballan xuntas para acadar os seus soños, promovendo valores que fomentan o cooperativismo como son a cooperación, a solidaridade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade.

 

Luns, 19 June, 2017 - 05:00

Compartir