O venres 9 de xuño entregouse un novo premio do certame “Cooperativismo no ensino” ao CEIP Sestelo de Baión

A subdirectora xeral de Economía Social, Alba Paz, entregou ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria do CEIP Sestelo de Baión o premio accésit da modalidade “actividades artísticas” polo seu traballo Pentágono das terras raras.

Xunto coa entrega de premios, os alumnos e alumnas do centro desfrutaron da compañía teatral Xarope Tulú, que representou a súa obra Cardume, un espectáculo que combina a narración oral coa música en vivo, no que o público participa converténdose, en ocasións, en protagonista. A obra achega historias onde as personaxes traballan xuntas para acadar os seus soños, promovendo valores que fomentan o cooperativismo como son a cooperación, a solidaridade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade.

 

Martes, 13 June, 2017 - 10:15

Compartir