O Vicepresidente do Parlamento Europeo Ramón Luís Valcárcel defende a economía social

O Vicepresidente do Parlamento Europeo nunha reunión mantida o 11 de xaneiro  con Juan Antonio Pedreño,  Presidente de Social Economy Europe, trasladou “o papel crave que desempeña a economía social á hora de ofrecer respostas aos desafíos actuais”, reiterando a importancia de que as institucións prioricen a posta en marcha dun plan de acción que impulse este tipo de economía a nivel Europeo.

Con este obxectivo, Valcarcel mostrou a sua disposición para apoiar todas as iniciativas e esforzos que se poñan en marcha desde o Intergrupo Parlamentario de Economía Social “para concienciar ás institucións e, en especial, á Comisión, do valor engadido que este modelo achega ao  tecido económico das rexións comunitarias”. Tamén explico que  “É necesario poñer en práctica accións que axuden, de verdade, a fomentar un crecemento económico intelixente, sustentable e integrador, así como a creación de emprego de calidade e de futuro”.

Juan Antonio Pedreño  pola súa banda, valorou o compromiso e convidoulle a participar o próximo 18 de maio en Madrid ao encontro da economía social, que levará a cabo coa participación de importantes personalidades da economía a nivel internacional

Xoves, 26 January, 2017 - 11:45

Compartir