Obradoiro “Empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa”

  • Durante sete sesións, as mulleres socias recibirán formación sobre igualdade de oportunidades e claves de empoderamento, co fin de incentivar a súa participación en actividades e toma de decisións na cooperativa.

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) continúa ampliando as actividades destinadas ao empoderamento das mulleres socias das cooperativas, co fin de dar visibilidade ás súas fortalezas e aptitudes ante os requirimentos derivados da participación efectiva nunha cooperativa e, especialmente, nun Consello Reitor.

O Obradoiro “Empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa”, que comezará o 23 de xuño na Fundación Feiraco (Pontemaceira, Ames), contempla 21 horas lectivas dividas en 7 sesións impartidas por docentes de AGACA especializados nas distintas materias.

Trataranse diversos aspectos relacionados coa administración empresarial como poden ser planificación estratéxica, análise DAFO, desenvolvemento, seguimento e control de obxectivos, contas de resultados, lexislación ou habilidades directivas.
Por outra banda, tratarase de detectar e analizar as barreiras que atopan as socias das cooperativa á hora de adquirir roles máis activos e os xeitos de eliminalas.

Cooperativas e igualdade
Trátase  dunha serie de Obradoiros que responden á necesidade de aumentar a porcentaxe de mulleres con cargos no Consello Reitor dunha cooperativa, que só acada o 12% nas cooperativas agroalimentarias galegas, malia que o 49% das persoas socias destas entidades son mulleres.

AGACA realiza estas accións, que tamén contemplan plans específicos para Consellos Reitores, entre as cooperativas interesadas en potenciar o papel das súas socias.

Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Descargue o programa aquí

    LUGAR: Centro da REDE EUSUMO- FUNDACIÓN FEIRACO. Pontemaceira- Agrón s/n-Ames (A Coruña)
    DATAS: 23, 30 xuño, 14, 21 xullo, 25 agosto, 1, 8 setembro 2016
    HORARIO: 15:30 h A 18:30 h
    Xoves, 23 June, 2016 - 10:15 to Xoves, 8 September, 2016 - 10:15

    Compartir