OBRADOIRO DE FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

UGACOTA

 

DÍPTICO

 

DATAS 16, 17, 19 e 20 de Febreiro de 2015

HORARIO 10:00 a 15:00horas

DURACIÓN 20 horas

 

OBXECTIVOS:

- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo.

- Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas.

- Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

 

PROGRAMA:

Módulo 1.- O emprendemento.

Módulo 2.- O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego.

Módulo 3.- Organización e financiamento.

Módulo 4.- Experiencia cooperativa.

 

CONTIDOS:

1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. O emprendemento fronte a outras formas de emprego. O emprendemento colectivo e en cooperativa: Condicións básicas. Perfil da persoa emprendedora. As cooperativas fronte a outros tipos de empresas.

2º sesión.- Principios e valores do cooperativismo. Tipos de Cooperativas. As cooperativas de traballo asociado. Aspectos propios das cooperativas de traballo asociado.

3º sesión.- A organización nas sociedades cooperativas. O réxime económico e fiscal nas cooperativas. A viabilidade económica e societaria. Proceso de constitución.

4º sesión.- Experiencia cooperativa.

 

METODOLOXÍA

Activa e participativa coa utilización de medios audiovisuais e actividades prácticas de reflexión e debate.

A acción formativa configúrase en 4 sesións de 5 horas de duración cada unha.

 

DIRIXIDO A

Persoas desempregadas e aquelas, que estando en activo, queiran traballar de forma cooperativa.

Grupo mínimo: 12 persoas

Grupo máximo: 20 persoas

Localización : Entidade Adherida á Rede Eusumo na Deputación de Pontevedra
Contacto : Patane García Méndez teléfono 881887456 e-mail patane@ugacota.coop
Luns, 16 February, 2015 - 03:00 to Venres, 20 February, 2015 - 08:00

Compartir