Obradoiro: Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio

Agaca, a través da Rede Eusumo, organiza un novo obradoiro:
EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NO MEDIO RURAL: OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Datas: 14,19, 21, 26 e 28 de xullo
Horario: de 10:00 a 13:00 horas
Modalidade: en liña a través da aula virtual
Obxectivos:
- Comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
- Valorar a importancia do asociacionismo como fonte de dinamización social, e como un medio de sumar esforzos e compartir ideais.
- Coñecer algunhas das oportunidades de negocio que existen no medio rural e ter acceso a contactos para desenvolver proxectos novidosos.
- Definir os aspectos xerais e os elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural.
- Coñecer os apoios que poden prestar as cooperativas a xuventude con proxectos de emprendemento no medio rural.
Programa:
- Xoves 14 de xullo: Por que emprender?
- Martes 19 de xullo: Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no medio rural
- Xoves 21 de xullo: Elaboración do plan emprendedor
- Martes 26 de xullo: A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento
- Xoves 28 de xullo: 12 oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural
Inscrición:
- Gratuíta
- A través deste formulario de inscrición
- Para mais info: www.agaca.coop / 981 584 783 / agaca@agaca.coop
Se queres coñecer o programa formativo en detalle preme aquí.
Xoves, 14 July, 2022 - 10:00 to Xoves, 28 July, 2022 - 13:00