Obradoiro: Formación cooperativa para persoas que queren emprender

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:

 

OBRADOIRO FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

 

Data: 13/11/18 - 16/11/18 (4 sesións)

Duración: 20 horas

Lugar: salón de plenos do Concello de Sada, Avenida do Porto, 24 (Sada) 

Horario: 9:30 – 14:30 horas

Destinatarios: persoas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa. Persoas emprendedoras ou cunha idea de negocio.

Obxectivos:

- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo.
- Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas.
- Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Os módulos a tratar en cada unhas das sesións son:

Módulo I: O emprendemento

Módulo II: O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego

Módulo III: Organización e financiamento

Módulo IV: Experiencia cooperativa

 

Inscrición: a través do seguinte formulario ou no 881929057 / aedl@concellodesada.com

Martes, 13 November, 2018 - 10:00 to Venres, 16 November, 2018 - 10:00

Compartir