Obradoiro: Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais en Mazaricos

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a seguinte actividade no marco da Rede Eusumo:

GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAZARICOS

 

Datas: do 22 ao 26 de abril

Horario: De 17:00 a 20:00 horas

Lugar: Concello de Mazaricos, Avenida 13 de abril, nº 59-A, Picota, Mazaricos (A Coruña)

Destinatarios: orientado a persoas involucradas ou interesadas na xestión destas superficies.

Obxectivo: amosar como impulsar a rendibilidade e a creación de empregos nestas superficies, especialmente entre a xuventude, mediante o emprendemento de actividades económicas e baixo o modelo de negocio cooperativizado.

Programa:

  • Iniciativas innovadoras no medio rural na valorazación dos montes vecinais en man común
  • Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes
  • Fiscalidade das comunidades de montes
  • Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común
  • Instrumentos de ordenación ou xestión forestal

Tamén se amosarán exemplos de iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, en áreas coma a castaña, a oliveira, o porco celta, a resina e a eficiencia enerxética.

Inscricións:

- Gratuíta

- no 981584783 ou www.agaca.coop

Para visualizalo programa formativo preme aquí.

Se queres visualizalo cartel preme aquí.

 

Luns, 22 April, 2019 - 17:00 to Venres, 26 April, 2019 - 20:00

Compartir