AÍNDA QUEDAN PRAZAS NO OBRADOIRO GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN PONTEVEDRA

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a seguinte actividade no marco da Rede Eusumo:

OBRADOIRO GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN PONTEVEDRA
 

Datas: 20, 21, 22, 23 e 24 de maio 2019

Horario: De 16:00 a 19:00 horas

Lugar: Asociación APROA, Rúa da Tablada, 6-8, 36001 Pontevedra

Destinatarios: orientado a persoas involucradas ou interesadas.

Obxectivos: pretende amosar vías de impulso da rendibilidade dos montes baixo o réxime de xestión cooperativizada, favorecendo o emprendemento de actividades económicas e a xeración de emprego, especialmente entre a xuventude.

Programa formativo:

1- Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural 

2- Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes veciñais

3- Fiscalidade

4- Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais

5- Instrumentos de ordenación ou xestión forestal. O artigo 77 da lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar. O prazo remata o ano 2020.

Inscricións gratuitas no 981 58 47 83 ou agaca@agaca.coop

Para visualizalo programa formativo preme aquí.

 

Luns, 20 Maio, 2019 - 16:00 to Venres, 24 Maio, 2019 - 19:00

Compartir