Obradoiro: Por que non traballamos en equipo?

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:

 

POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?

 

Data: 23, 24, 30 e 31 de outubro (4 sesións)

Lugar: Viveiro de empresas, Noal, 26 - Porto do son (A Coruña)

Horario: 16:00 - 21:00 horas

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas desempregadas e aquelas que estando en activo, estén interesadas en coñecer ferramentas para traballar en entornos colaborativos.

Obxectivos:

- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo.
- Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

Os módulos a tratar en cada unhas das sesións son:

Módulo I: Achegándonos ao xeito de traballar na Cooperativa.

Módulo II: Desenvolvendo habilidades para o traballo grupal.

 

Inscricion: en Espazocoop ou en 981 86 74 12 (ext 1302)jose.pazo@portodoson.gal

 

Martes, 23 October, 2018 - 10:00 to Mércores, 31 October, 2018 - 10:00

Compartir