Obradoiro sobre economía social en Terra de Trasancos para estudantes do Monte Neme

  • O Centro da Rede Eusumo Fundación Terra de Trasancos (Narón) acolleu esta mañá a estudantes do instituto Monte Neme (Carballo).
  • Participaron nunha charla formativa e percorreron as instalacións de Terra de Trasancos, entidade que opera en varios sectores económicos no modelo da economía social.
  • As actividades son parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Santiago de Compostela, venres 4 de maio de 2018. – A Fundación Terra de Trasancos recibiu esta mañá a 14 estudantes do ciclo superior de Administración e Finanzas do instituto carballés Monte Neme, que participaron nun obradoiro divulgativo da Rede Eusumo, acerca características da economía social como modelo de negocio que pode prosperar no medio rural e en diversos sectores produtivos e de servizos. O obxectivo é poñer en coñecemento do alumnado as posibilidades que modelos coma o cooperativismo ofrecen para o emprendemento así como para manter postos de traballo estables e rendibles, de modo que o teñan en conta como opción de futuro profesional ao rematar os seus estudos.

A formación destaca como valores positivos nas cooperativas a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento.

Os estudantes, guiados por persoal da entidade, percorreron as instalacións de Terra de Trasancos para coñecer primeira man o funcionamento da sociedade, que desenvolve a súa actividade, agrícola y de servizos, dentro do modelo de la economía social.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Venres, 4 Maio, 2018 - 14:30

Compartir