Obradoiro sobre economía social en Terra de Trasancos

O Centro da Rede Eusumo Fundación Terra de Trasancos (Narón) acolleu esta mañá a 40 estudantes do Colexio María Auxiliadora, da cidade de Lugo. 
Participaron nunha charla formativa e percorreron as instalacións de Terra de Trasancos, entidade que opera en varios sectores económicos no modelo da economía social. 
As actividades son parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.
 
A Fundación Terra de Trasancos recibiu esta mañá a 40 estudantes de 3º de ESO do colexio lucense María Auxiliadora, no obradoiro “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, da Rede Eusumo, para mostrar las características deste modelo de negocio, que pode prosperar no medio rural e en diversos sectores produtivos e de servizos. 
 
Técnicos de Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) imparten a formación, que destaca como valores positivos nas cooperativas a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento. 
 
Os estudantes percorreron as instalacións de Terra de Trasancos (que funciona ademais como centro Rede Eusumo de difusión do cooperativismo) para coñecer primeira man o funcionamento dunha sociedade que desenvolve a súa actividade, agrícola y de servizos, dentro do modelo de la economía social. 
 
Rede Eusumo
 
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
 
Martes, 10 April, 2018 - 17:30

Compartir